QUEN SOMOS?

Que é Yepso!?

Yepso! é unha empresa de formación que ten por obxecto axudar ás persoas para conseguir os seus obxectivos profesionais na Unión Europea.

Pero non só é iso: a nosa ilusión, con principios, filosofía e identidade europea, marcan a diferenza á hora de contarlle a toda a cidadanía as oportunidades que a Unión Europea lles ofrece.

Sabemos que un alto número de candidatos, tras dedicar moito tempo e esforzo, descubriron o día do exame que as probas tiñan pouco que ver cos seus materiais de referencia.

Os nosos itinerarios formativos permiten poñer en valor todo o potencial a través dunha metodoloxía desenvolvida con minuciosidade ao longo dun amplo período de tempo e que foi testeada en circunstancias reais de exame.

Coa metodoloxía Yepso!, os candidatos:

  • Adquirirán coñecementos sobre o traballo nas institucións da UE desde diversos ángulos.
  • Mergullaranse na cultura das institucións da UE.
  • Desenvolverán o conxunto clave de competencias que precisan para superar o itinerario formativo de EPSO.
  • Practicarán as probas do concurso EPSO.

Perfís

Os profesionais que traballan en Yepso! dispoñen dunha consolidada traxectoria europea. No contexto do seu interese polo acceso á función pública europea foi cando se decataron das dificultades que afronta unha persoa que decide concorrer as oposicións á Unión Europea: escaso tempo, fontes de información inconclusas e dificultade para acceder a materiais de calidade.

Cun forte compoñente internacional e vinculado a diferentes entidades públicas e privadas, o equipo docente de Yepso! é unha garantía de éxito.

CARLOS GIL SORIANO


Linkedin de Carlos

Carlos Gil é licenciado en Dereito e graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e dispón dunha sólida formación en Asuntos Europeos, traxectoria que consolidou a través de estudos de posgrao na Universidade da Coruña, a Escola Diplomática de España e o Colexio de Europa (Bélxica). Complementou esta formación orientada á Unión Europea con estudos de doutoramento e outras formacións de posgrao da cátedra Jean Monnet.

A súa especialización no ámbito das oposicións europeas comezou na Escola Diplomática, onde se especializou no acceso á función pública europea. Profundou a súa formación a través de múltiples cursos de formación en Bélxica, materia na que se especializou no MA en Gobernanza e Políticas europeas. Foi neste contexto onde, tras percibir as dificultades existentes para preparar convenientemente os procesos selectivos de EPSO, comezou a crear a innovadora metodoloxía Yepso!.

É importante citar que Carlos ten unha ampla experiencia profesional vinculada ás Institucións europeas. Por unha banda, dispón da visión das Institucións a través da súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea. Por outra banda, como consultor e asesor de proxectos europeos, achegando ideas innovadoras e solucións en clave local e nacional como reflexo do seu paso polo European Centre for Government Transformation.

IVÁN CARNOTA VARELA


Linkedin de Iván

Iván Carnota é licenciado en Dereito e conta con estudos universitarios en Filosofía. Focalizou a súa especialización no ámbito do Dereito da Unión Europea, a través de estudos de posgrao sobre Asuntos Europeos.

Iván dispón dunha consolidada experiencia profesional relacionada coas Institucións europeas, desenvolvendo a súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea, posición a través da cal interactuou con diversos grupos obxectivo en achegar información europea á cidadanía.

Iván contribuíu ao desenvolvemento da metodoloxía Yepso! achegando a súa visión estratéxica sobre os procesos teóricos de lóxica e a análise de competencias dos candidatos, ámbito estrutural no proceso selectivo. A súa experiencia en comunicación e artes oratorias, así mesmo, dotará dun importante valor engadido a todos aqueles candidatos á hora de potenciar as súas competencias e habilidades, así como para facer fronte ás esixentes probas do Assessment Centre.

Localización

Sede Yepso!
Dirección: Lugar de Armada, 5, 1º
15638 Vilarmaior
A Coruña