"EL CAMINO Y METODOLOGÍA PARA TRABAJAR PARA LAS INSTITUCIONES EUROPEAS”
INSCRICIÓN
A inscrición neste curso realizarase desde a propia páxina de Yepso! nos seguintes prazos:
- Do 10/11/2020 ao 10/03/2021: 60 €
As inscricións non están abertas neste momento.
INFORMACIÓN
Unha aproximación ás oposicións á Unión Europea.
Este curso inclúe todo o que unha persoa necesita saber sobre as oposicións á Unión Europea para poñerse en marcha.
Está especialmente indicado para audiencias que non dispoñen de experiencias previa nas probas de EPSO.
DATAS: 11 e 12 de marzo 2021
Comezo: 19.00 h.
Fin: 21.00 h.
DESTINATARIOS:
- Interesados en participar nas próximas convocatorias de Administradores de EPSO.
- Aqueles interesados en preparar as probas do Preselection Test.
- Público xeneral interesado en acceder a un posto de traballo nas Institucións da Unión Europea.
MATERIAIS:
As sesións do curso online desenvolveranse en grupos reducidos e por videoconferencia.
Todos os participantes do curso recibirán:
- Exame con 100 exercicios tipo test.
- Unha análise individualizada do seu perfil profesional coa potencialidade do participante de acceder a unha carreira profesional no ámbito da Unión Europea.
- Diploma acreditativo da participación.
LINGUA:
- Castelán.
- Are you interested in attending a course like this in English? Drop us a line at href=" mailto:info@yepso.eu">info@yepso.eu
PROGRAMA:
DÍA 1.- 01/04/2020.
19.00 h: Introdución ao curso.
19.00 h - 19.45 h: Unha breve introdución: As Institucións Europeas e o sistema de carreira.
- Partamos desde un inicio común, que é a Unión Europea e cales son as súas prioridades?
- Que é o concurso EPSO e por que é para ti?
- A que institucións podes acceder a través de EPSO?
- Que perfil de traballadores busca a Unión Europea?
- Que che ofrecen as institucións europeas?
- Dar o paso: Por que queres traballar nas institucións europeas?
- Como conseguir un posto de traballo nas institucións europeas?
- EPSO é a túa meta, Yepso!, quen che axuda a alcanzala.
- Cando empezo?
- Como é o proceso de selección?
- O camiño cara ao éxito.
19.45 h - 21.00 h: Test de preselección.
Neste bloque levará a cabo unha explicación das probas de preselección intercalando a explicación teórica da metodoloxía desenvolvida Yepso! coa realización de exercicios prácticos.
- Razoamento verbal.
- Razoamento numérico.
DÍA 2.- 02/04/2020.
19.00 h - 20.30 h: Test de preselección.
Neste bloque levará a cabo unha explicación das probas de preselección intercalando a explicación teórica da metodoloxía desenvolvida Yepso! coa realización de exercicios prácticos.
- Razoamento abstracto.
- Xuízo Situacional.
20.30 h - 20.50 h: Introdución ás probas de selección posteriores: E- tray, Assessment Centre e Lista de Reserva.
20.50 h - 21.00 h: Recapitulación, preguntas e clausura.
SOBRE O FORMADOR
CARLOS GIL
Carlos Gil é licenciado en Dereito e graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e dispón dunha sólida formación en Asuntos Europeos, traxectoria que consolidou a través de estudos de posgrao na Universidade da Coruña, a Escola Diplomática de España e o Colexio de Europa (Bélxica). Complementou esta formación orientada á Unión Europea con estudos de doutoramento e outras formacións de posgrao da cátedra Jean Monnet.
A súa especialización no ámbito das oposicións europeas comezou na Escola Diplomática, onde se especializou no acceso á función pública europea. Profundou a súa formación a través de múltiples cursos de formación en Bélxica, materia na que se especializou no MA en Gobernanza e Políticas europeas. Foi neste contexto onde, tras percibir as dificultades existentes para preparar convenientemente os procesos selectivos de EPSO, comezou a crear a innovadora metodoloxía Yepso!.
É importante citar que Carlos ten unha ampla experiencia profesional vinculada ás Institucións europeas. Por unha banda, dispón da visión das Institucións a través da súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea. Por outra banda, como consultor e asesor de proxectos europeos, achegando ideas innovadoras e solucións en clave local e nacional como reflexo do seu paso polo European Centre for Government Transformation.